Estamos a deseñar logos para o concurso europeo do que saíra elexido o logo do noso proxecto eTwinning deste ano. Estamos moi ilusionados esforzándonos moitísimo para poder ter moitas opcións!
8M - Conmemoramos o Día Internacional da Muller cunha andaina na que contaremos cunha guía que nos fará reflexionar sobre o papel da muller galega e os oficios que desenvolvía, relacionados coas fragas.